No DOG do Venres 7 Febreiro 2025 a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, publíca a resolución pola que se convocan CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER CERTIFICADOS LINGUA GALEGA CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4.
. OS CURSOS PODEN SER PRESENCIAIS E EN LIÑA.
Son CURSOS GRATUÍTOS, preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4, que se indican nos anexos . A realización dos cursos NON dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga)
PERSOAS DESTINATARIAS: maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria
SOLICITUDES, PRAZO DE INSCRICIÓN
A solicitude farase a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal.
. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso
PROBA PREVIA DE NIVEL
Coa solicitude , o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ( ata o 28 de Febreiro 2025)
VER ANEXOS NO DOG que se adxunta:
ANEXO I . Cursos Celga presenciais
ANEXO II. Curso Celga en liña