Cursos Preparatorios para os Certificados de Lingua Galega (CELGA) e Cursos de LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (LAG) Gratuitos. Escolas Oficiais de Idiomas (EOI)

  • Formación
  • Galicia

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (LAG) GRATUITOS. ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS EOI

No DOG do Mércores, 26 de xuño de 2024, publicase a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega (LAG) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga).

Cursos Gratuitos.

. cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e  superior en liña (Ver anexo I) ,

.  cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2024/25, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia ( Ver anexo II)

Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre febreiro e abril e/ou maio

Solicitudes e prazos de inscrición

cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre;

– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo (para os cursos de preparación á obtención dos Celga) e décimo primeiro (para os cursos de LAG) da presente resolución.

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS CELGA

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga. Estas probas véñense convocando dúas veces ao ano pola Secretaría Xeral da Lingua e, de ser superadas, darán dereito á expedición dos correspondentes certificado por parte da Secretaría Xeral da Lingua

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

Persoas destinatarias dos cursos: Dirixidos a empregadas/os públicas/os da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o persoal sanitario

– EOI de Pontevedra.Teléfono: 886 15 91 16.

Correo electrónico: eoi.pontevedra@edu.xunta.gal

Datas de inicio e fin

Nivel Medio:  Outubro 2024-  Decembro 2024

Nivel Superior:  Febreiro 2025-  Maio 2025

EOI de Vigo.Teléfono: 986 26 02 10.

Correo electrónico: eoi.vigo@edu.xunta.gal

Datas de inicio e fin: 

Superior : Outubro 2024 -Decembro 2024

Medio:  Febreiro 2025- Maio 2025

 MAIS INFORMACION NO DOG QUE SE ADXUNTA