MATRÍCULA PROGRAMA THAT’S ENGLISH! nas Escolas Oficiais de Idiomas e CURSOS de preparación das PROBAS de CERTIFICACION de INGLÉS Niveis Intermedio, B2 e Avanzado C1 (Examprep) para o curso 2024/25

  • Formación
  • Galicia

MATRÍCULA NO PROGRAMA THAT’S ENGLISH! NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Xúntase a Instrución 2/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.

Prazos de matrícula:

– Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25.

– Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.

Máis información: Instrución 2/2024

 

CURSOS DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS DOS NIVEIS INTERMEDIO B2 E AVANZADO C1 (EXAMPREP) PARA O CURSO 2024/25

Publicouse a Instrución 3/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a impartición de cursos de preparación das probas de certificación de inglés dos niveis intermedio B2 e avanzado C1 na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.

Datas de realización e prazos de matrícula:

Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o 23 de setembro e rematarán o 20 de decembro de 2024. O prazo de inscrición abranguerá dende o 9 ao 20 de setembro de 2024.

Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o 24 de febreiro e rematarán o 23 de maio de 2025. O prazo de inscrición abranguerá dende o 8 de xaneiro ao 21 de febreiro de 2025

Máis información: Instrución 3/2024