OPES ( Ofertas de Emprego público). Concello de VIGO: 23  PRAZAS DE BOMBEIRA/O e 7 PRAZAS CONDUTOR/A-BOMBEIRO/A  ( prazas de acceso libre)

OPES (( Ofertas de Emprego público). ) Concello de VIGO: 23  PRAZAS DE BOMBEIRA/O e 7 PRAZAS CONDUTOR/A-BOMBEIRO/A  ( prazas de acceso libre)

 No BOPPO 3 XUÑO 2024 Convocatoria ofertas de emprego público do Concello de Vigo correspondentes ao anos 2020, 2021 e 2022

PRAZAS

. 2  prazas de sarxenta/o extinción de incendios (quenda de promoción interna)

. 23  prazas de bombeira/o (quenda libre)

 .7 prazas condutor/a-bombeiro/a (quenda libre)

Nas presentes ofertas de emprego resérvase un 7% das vacantes para ser cubertas entre persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

  Requisitos Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas Convocatorias

Para a prazas de Acceso libre :

 . 7 PRAZAS CONDUTOR/A-BOMBEIRO/A : subgrupo C2

-Titulación: graduada en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.  Nota: o Graduado Escolar é equivalente á ESO  a nivel laboral

-Carné de conducir da clase C +E

Sistema de selección concurso-oposición libre,

Exercicios da oposición

. Primeiro exercicio cuestionario tipo test .

. Segundo exercicio.—Probas de aptitude física.

. Terceiro exercicio.— Recoñecemento médico

. Cuarto exercicio A única proba será o circuíto de percorrido aberto,  manexo do vehículo polo circuíto proposto polo órgano de selección.

. Quinto exercicio.— Coñecemento da lingua galega. Obrigatorio e non eliminatorio. Estarán exentas da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír o título CELGA 3 ou equivalente homologado

. Sexto exercicio.— Probas psicotécnicas, de carácter obrigatorio e eliminatorio

. Fase de concurso: Méritos.

. 23  PRAZAS DE BOMBEIRA/O  C2. Titulo de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente

Nota: o Graduado Escolar é equivalente á ESO  a nivel laboral

concurso-oposición libre

Exercicios da oposición.

. Primeiro exercicio.— Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio cuestionario tipo test

. Segundo exercicio.— Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización das seguintes probas físicas

Fase de concurso: Méritos ver Bases no Boppo

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria.

No BOE , para persoal funcionario (quenda libre ou por promoción interna) e persoal laboral (quenda libre). No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) para persoal laboral (quenda de promoción interna).

DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO COA SOLICITUDE

. Copia simple do DNI (ou a declaración expresa de que consinte a súa consulta a outras administracións públicas)

. Copia simple do título CELGA (necesaria para a exención da proba de galego).

. Xustificación do pagamento dos dereitos de exame.

. certificado médico ( Deberán presentar perante o órgano de selección, na data de realización do segundo exercicio, expedido en impreso oficial e asinado por colexiado que non superará un máximo de tres meses dende a súa expedición  e no que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as aptitudes psicofísicas

.Sistema de selección concurso-oposición libre,

O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito e se referirá aos temas que se inclúan no temario común  e ao temario específico, ver bases especificas

O órgano de selección poderá acordar a lectura dos exercicios polos aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en sesión pública;

No exercicio práctico o órgano de selección poderá propoñer os casos prácticos que se sinalen nas bases específicas de cada convocatoria, sempre relacionados coas materias do temario

Tamén se poderá realizar unha proba de informática/competencias dixitais e/ou coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea, adecuada ao nivel de titulación e funcións da praza, e que figurará nas bases específicas.

Amáis, realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega. Estarán exentas quines presenten o  título CELGA ou equivalente

Mais informaçión no BOPPO do 3 de xuño de 2024 ou na web do concello de Vigo