PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

  • Formación
  • Galicia

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

No Dog do Martes, 23 de xaneiro  de 2024 a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e  Universidades, convoca a convoca a PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

. DATA E  LUGAR DE  REALIZACIÓN DA PROBA : 26 DE ABRIL DE 2024 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

. MODALIDADES: A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Poderanse inscribir na proba pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

.  REQUISITOS, entre outros, ser maior de vinte anos ou cumprir esa idade no ano 2024. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

EXENCIÓN DA REALIZACIÓN DA PROBA DAS MATERIAS DE LINGUA GALEGA E LITERATURA I E II : as persoas aspirantes procedentes doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro poderán solicitar a exención da realización da proba de Lingua Galega e Literatura I e II.  A solicitude  farase  no formulario de inscrición na proba (anexo I).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : DO 15  ao 28 de FEBREIRO de  2024,

LUGAR PRESENTACIÓN SOLICITUDES:  (anexo I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 5 desta epígrafe( entre outros   EPAPU Río Lérez en Pontevedra ou  na  EPAPU Berbés en  Vigo) ,  ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

.  PUBLICACIÓNS LISTAXES PERSOAS ADMITIDAS (no portal educativo https://www.edu.xunta.gal)

. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas: 5 de marzo de 2024

.Reclamacións: .  cinco días hábiles unha vez publicadas as listaxes,

. Listaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas:  14 de marzo de 2024

. PUBLICACIÓN RESULTADOS DAS PROBAS :  

. Cualificacións provisionais :  15 de maio de 2024

. Reclamacións:  tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións provisionais R

. CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS:  DÍA 24 DE MAIO DE 2024

As persoas que non superen a proba na súa totalidade poderán manter a cualificació obtida no exercicio superado para sucesivas convocatorias (anexo VII).

Mais Información no Dog que se adxunta