PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES DE FP

  • Formación
  • Galicia

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES DE FP

No DOG ( Diario oficial de Galicia) do  Luns, 8 de xaneiro de 2024, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, convoca as Probas de acceso a Ciclos Medios e Ciclos Superiores de FP

. PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO (ED312C)

REQUISITOS: Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

SOLICITUDES:  segundo o modelo do anexo I,

PRAZO DE PRESENTACIÓN  entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do),accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2023-2024.

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación Ciclosprobas (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS DE FP

Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte

  1. Parte sociolingüística : Lingua castelá, Lingua galega e  Ciencias sociais.
  2. Parte matemática:– Matemáticas.
  3. Parte científico-técnica: Ciencias da natureza e Tecnoloxía.

 VER  EXENCIÓNS  NO DOG nos artigos  21 e 22

DATAS DAS PROBAS DE ACCESO  AO GRAO MEDIO:  terán lugar o día 23 DE MAIO de 2024

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (ED312D)

REQUISITOS:  per­soas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

SOLICITUDES: segundo o modelo do anexo II

PRAZO PRESENTACIÓN : entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na apli­cación informática Ciclosprobas (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identifica­ción e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2023-2024.

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación Ciclosprobas (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de  inscrición. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES  DE FP

a) Parte común:

– Lingua galega.

– Lingua castelá.

– Matemáticas.

b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos que posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe que se lle examine:

. Opción A: Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.

. Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.

. Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía

VER ANEXO VII Familias profesionais e ciclos formativos a que se pode acceder segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior

VER  EXENCIÓNS  NO DOG nos artigos  35 e 36

DATA DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR terán lugar o día 18 DE ABRIL de 2024

Mais información no Dog que se adxunta ou nos Centros de FP