PROBAS LIBRES DA ESO. CONVOCATORIA 2024

  • Formación
  • Galicia

PROBAS LIBRES DA ESO. CONVOCATORIA 2024

No DOG ( Diario Oficial de Galicia) do  xoves 11 de xaneiro de 2024, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, convoca  as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ( ESO)  para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

. CONVOCATORIAS

. CONVOCATORIA DE ABRIL: PROBA o 12 DE ABRIL de 2024.

. CONVOCATORIA DE XUÑO: PROBA o 7 DE XUÑO de 2024

As  probas realizaranse   en diferentes sedes: A  Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A relación dos centros educativos que actúen como sedes dos diferentes tribunais publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas

.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES :

. Para a CONVOCATORIA DE ABRIL: do 5 ao 21 de FEBREIRO de 2024, ambos os dous incluídos.

. Para a CONVOCATORIA DE XUÑO: do 8 ao 19 de ABRIL de 2024, ambos os dous incluídos

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación

. LUGAR PRESENTACIÓN SOLICITUDES:  entre outros, nos seguintes centros educativos:

. PONTEVEDRA: EPAPU Río Lérez, Avda  Buenos Aires, nº 26, Pontevedra.

.  VIGO: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, nº 8, 1º andar, Vigo.

. ESTRUTURA DA PROBA

A proba organizarase en tres sesións, correspondentes a cada un dos seguintes ámbi­tos de coñecemento:

 A) ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía Tecnoloxías da Información e da Comunicación e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de Educación Física.

B) ÁMBITO SOCIAL, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás mate­rias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresa­rial e os aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e Música.

 C) ÁMBITO DE COMUNICACIÓN, no cal se integran os aspectos básicos do currículo refe­ridos ás materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira.

As persoas que NON superen a proba na súa totalidade poderán manter a cualificación obtida no ámbito ou ámbitos superados para sucesivas convocatorias.

MAIS INFORMACIÓN NO DOG QUE SE ADXUNTA