PROBAS para Obtención Certificados de LINGUA GALEGA ( CELGAS 2, 3 e 4)

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4, NO ANO 2023 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO PL500C).

No Diario oficial de Galicia, (DOG) do Luns, 4 de setembro de 2023, publícase a RESOLUCIÓN da  Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia,  pola que se convocan probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

RESUMO DO DOG ( 2ª Convocatoria do 2023)

 . Persoas destinatarias: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria,nacionais ou estranxeiras.

. Datas de realización das probas. As probas realizaranse  na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023,

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

. Localidades onde se van realizar as probas e niveis: Santiago de Compostela e  Ponferrada.

. Presentación de solicitudes e prazo. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ( nos rexistros dos concellos entre outros ) .

.O prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa dos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. ¡¡ATA O 25 DE SETEMBRO ¡!

. Taxas de exame: a contía da taxa para a inscrición nas probas é de 16,92 euros para cada un dos niveis. As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, logo da xustificación documental, estarán exentas do pagamento desta taxa.

As persoas interesadas presentaranse o día de realización das probas na sede e á hora que se publiquen na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Mais Información no Dog que se adxunta