1º CONVOCATORIA PRAZAS MINISTERIO DE DEFENSA 2025
PROCESO DE SELECCIÓN INGRESO NAS FORZAS ARMADAS COMO MILITAR DE TROPA E MARIÑEIRÍA
No BOE do 29 de xaneiro 2025 , o Ministerio de Defensa anuncia a primeira convocatoria para o proceso de selección para ingreso nas Forzas Armadas como militar de Tropa e Mariñeiría
PRAZO SOLICITUDE CITA PREVIA: Do 30 de xaneiro ao 18 de febreiro
PRAZAS OFERTADAS:
- Exército de Terra: 3.200 (incluidas 160 prazas ás que pode optar persoal estranxeiro)
- Exército de Aire e do Espazo: 580
- Armada: 662, das cales 383 corresponden a especialidades do Corpo Xeral (111 delas en destinos de unidades da zona do norte, que inclúen Ferrol, Tui, Marín, San Sebastián e Bilbao), 271 para o Corpo de Infantería Mariña (12 delas no Tercio Norte, Ferrol) e 8 para a especialidade de Música do Corpo de Infantería de Mariña (2 delas en Ferrol e Marín).
A destacar:
- 4 prazas do Corpo Xeral da Armada para o Mando Conxunto do Ciberespazo en distintas instalaciones de Madrid, Pozuelo de Alarcón y Torrejón de Ardoz.
- 10 prazas do Corpo de Infantería de Mariña para o ingreso na Forza de Guerra Naval Especial (unidade de operacións especiais da Armada).
- 25 prazas para a Garda Real.
REQUISITOS XERAIS:
- Nacionalidade española (ou ter en vigor a Tarxeta de Residencia Temporal ou de longa duración en España e nacionalidade de un dos 18 países que poden optar exclusivamente ás prazas para estranxeiros).
- Ter entre 18 e 29 anos.
- Carecer de antecedentes penais.
- Estar en posesión de un nivel de estudos mínimo correspondente ao Título de Graduado en ESO ou equivalente.
Proceso de selección: Realizarase nas Subdelegacións de Defensa mediante cita previa en: https://sede.defensa.gob.es .
SEGUNDA CONVOCATORIA: Esta oferta de emprego público completarase cun segundo ciclo de selección. Estas prazas serán publicadas posteriormente. Poderán solicitar cita previa para o proceso selectivo entre o 6 e 26 de xuño.