PROCESOS SELECTIVOS MESTRES, PROFESORES SECUNDARIA, FP e ADQUISICION NOVAS ESPECIALDADES 2025

PROCESOS SELECTIVOS MESTRES, PROFESORES SECUNDARIA, FP e ADQUISICION NOVAS ESPECIALDADES 2025

 No DOG do Luns , 17 de febreiro de 2025, a  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, publica a ORDE do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da  Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

 CONVOCATORIAS: 

. Convocatoria do procedemento selectivo para o ACCESO AO CORPO DE INSPECTORES DE EDUCACIÓN ( 10 prazas) 

.  Convocatoria do procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de  PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO (1.148 prazas)

 . Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ao CORPO DE PROFESORES ESPECIALISTAS EN SECTORES SINGULARES DA FORMACIÓN PROFESIONAL (  80 prazas) 

 . Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ao CORPO DE MESTRES (  426 prazas) 

 . Convocatoria do procedemento para a ADQUISICIÓN DE NOVAS ESPECIALIDADES no corpo de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres.

 O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ATA o 8 de Marzo 2025

O PROCEDEMENTO SELECTIVO dará comezo a partir do día 21 de xuño de 2025.

 Mais información no DOG  que se adxunta