O Concello de Moaña inicia o Programa Integrado de Emprego 24/25, para persoas desempregadas. Este programa combina orientación, formación específica, transversal , asesoramento e acompañamento na procura de emprego.
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE MOAÑA 2024-2025
– AXUDA NA BUSCA DE EMPREGO
– FORMACIÓN EN LIMPEZA, COMERCIO E LOXÍSTICA, CONSTRUCIÓN E XARDINERÍA.
– PRÁCTICAS EN EMPRESA.
DIRIXIDO A 100 PERSOAS DESEMPREGADAS DOS CONCELLOS DE MOAÑA, CANGAS E BUEU
COLECTIVOS DESTINATARIOS:
– Mulleres
– Persoas menores de 30 anos con e sen cualificación
– Persoas maiores de 45 anos
– Perceptores de prestacións, subsidios e/ou Rai
INSCRÍBETE !!
986 314200. www.patronatobeiramar.org,
integrado@patronatobeiramar.org
Neste programa levaranse a cabo accións de información, orientación e asesoramento na busca de emprego, formación, prospección empresarial, intermediación laboral, fomento da capacidade emprendedora, prácticas en empresas e obradoiros de mobilidade laboral.
Formación que se prevé impartir:
- Formación en limpeza industrial de instalacións e equipamentos
- Formación comercio. Atención ao cliente. Operacións de caixa. Carnicería e chacinería
- Formación en construcción. Paredes de ladrillo con revestimento. Solador e pavimentador. Traballos verticais. Fontanería básica.
- Formación en xardinería. Operacións xerais e técnicas de poda. Instalación de céspede
- Formación en xestión de almacén e xestión de stock
Tamén se impartirá formación en informática básica, prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos, así como en mellora da busca de emprego, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista
As persoas participantes poderán realizar prácticas en empresas colaboradoras.
Durante a formación e as prácticas percibirán unha beca de desprazamento de 10 euros por día e o programa disporá de medidas de conciliación coma o pago dos gastos de gardería ou ludoteca para os menores a cargo das persoas participantes.
O programa ten un obxectivo de inserción laboral do 45%
PERSOAS INTERESADAS que pertenzan a algúns dos colectivos destinatarios contactar co Patronato Municipal Beiramar de Moaña no teléfono 986 31 42 00 /986 38 82 67 e/ou enviar un email a : integrado@patronatobeiramar.org