NOTA: MODIFICÁRONSE AS DATAS DAS PROBAS LIBRES POR ERRO NO DOG DA CONVOCATORIA
REALIZACIÓN DAS PROBAS
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 26 de MAIO e 1 de SETEMBRO de 2023 para as respectivas convocatorias
Para as persoas que non se matricularon para as probas de maio, podense matricular para as probas de setembro do 3 ao 10 de xullo
LUGAR DE MATRÍCULA:
En PONTEVEDRA:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
En VIGO:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
CUALIFICACIÓN GLOBAL DA PROBA
Os días 7 de xuño e 7 de setembro de 2023 no enderezo web http://www.edu.xunta.gal, farase pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias
Contra a cualificación provisional, poderase presentar reclamación ante a presidencia do tribunal no prazo de cinco días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.
Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a listaxe de cualificacións que será publicada os días 16 de xuño e 15 de setembro de 2023 no enderezo web http://www.edu.xunta.gal.