PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA ( ESO)

  • Formación
  • Galicia

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA ( ESO)

No Diario Oficial de Galicia (  DOG) do  Venres, 16 de xaneiro de 2026, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, convoca as PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS, nas convocatorias de marzo e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

. CONVOCATORIAS

  1. CONVOCATORIA DE MARZO: a proba terá lugar o día 27 de marzo de 2026.
  2. CONVOCATORIA DE XUÑO: a proba terá lugar o día 5 de xuño de 2026.

.  LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A relación dos centros educativos que actúen como sedes publicarase xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas.

Poderán solicitar a exención da realización da proba dos ámbitos aprobados ou dos que estén exentos por estudios ( de 4º da ESO ou de  2º DE BUP). Poderán solicitar a exención da realización da proba correspondente a Lingua Galega e Literatura. as persoas aspirantes procedentes doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro

. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES :

. Para a Convocatoria de Marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026.

.  Para a Convocatoria De Xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

 .  SOLICITUDES DE INSCRICIÓN (ANEXO I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados na orde  ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA serían os seguintes: :

.Pontevedra: EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, nº 26, 36002 Pontevedra.

. Vigo: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, nº 8, 1º andar, 36202 Vigo.

 . LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E PRAZOS DE RECLAMACIÓNS:

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas: publicaranse os días 20 de febreiro (para a convocatoria de marzo) e 30 de abril (para a convocatoria de xuño) de 2026,  no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e nos taboleiros dos centros educativos onde realizaron a solicitude. As  persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para formular escrito de reclamación a documentación que consideren oportuna.

Listaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas publicarase os días 3 de marzo (para a convocatoria de marzo) e 12 de maio (para a convocatoria de xuño) de 2026

 . NORMAS PARA A REALIZACIÓN DA PROBA ( ver base  Décimo quinta do Dog)

. ESTRUTURA DA PROBA:  A proba organizarase en tres sesións, correspondentes a cada un dos seguintes ámbitos de coñecemento:

  1. a) ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Física e Química, de Bioloxía e Xeoloxía, de Matemáticas e de Tecnoloxía e Dixitalización.
  2. b) ÁMBITO SOCIAL, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia e de Educación en Valores Cívicos e Éticos.
  1. c) ÁMBITO DE COMUNICACIÓN, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

. CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS E RECLAMACIÓNS

Os días 17 de abril (para a convocatoria de marzo) e 17 de xuño (para a convocatoria de xuño) de 2026, as persoas aspirantes poderán consultar as cualificacións provisionais de maneira presencial no centro de inscrición na proba ou no espazo Abalar, ao cal se poderá acceder no enderezo web https://espazoabalar.edu.xunta.gal/ con certificado dixital ou Chave365, ou a través da aplicación abalarMóbil poderase presentar reclamación nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións

 .SUPERACIÓN PARCIAL DA PROBA: As persoas que non superen a proba na súa totalidade manterán a cualificación obtida no ámbito ou ámbitos superados para sucesivas convocatorias

 

MAIS INFORMACIÓN NO DOG QUE SE ACHEGA