CURSOS Gratuítos INFORMÁTICA( Nivel básico e Medio, Correo electrónico, Internet e Móbiles), INTELIXENCIA ARTIFICIAL e Preparación COMDIX

FORMACIÓN DIXITAL GRATUÍTA CON CURSOS DE INFORMÁTICA BÁSICA, INTELIXENCIA ARTIFICIAL E COMDIX

O Concello de Moaña, a través da Aula CeMIT, pon en marcha unha ampla oferta de formación presencial que combina informática básica, Internet, correo electrónico, uso do móbil, Intelixencia Artificial e preparación para a certificación ComDix, con propostas adaptadas a diferentes niveis.

Nos próximos tres meses impartiranse varias edicións dos seguintes cursos:

  • CURSOS INICIACIÓN (NORMALMENTE DE MAÑAN)

  • CURSOS DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

  • CURSOS DE COMPETENCIAS DIXITAIS (PARA OBTER O COMDIX)

. Intelixencia Artificial desde cero e aprendendo coa práctica

Entre setembro e novembro desenvolveranse 21 temáticas diferentes de IA, ofrecidas en dous horarios, o que supón 42 oportunidades de participación presencial. Non é necesario ter coñecementos previos.

Os obradoiros permitirán aprender progresivamente a utilizar ChatGPT e crear bos prompts, xerar imaxes, vídeos, música e audio, traballar con documentos e presentacións, organizar proxectos, buscar emprego con IA, investigar e contrastar información, utilizar Workspace, conectar aplicacións, mellorar a produtividade e coñecer aspectos de privacidade, ética, seguridade e detección de bulos. Haberá ademais unha sesión mensual de reciclaxe. 

Luns e mércores · 16:30-18:30 e 20:00-22:00 h

. Preparación ComDix

Os martes estarán dedicados á preparación da certificación galega de competencias dixitais ComDix. Durante setembro e a primeira semana de outubro prepararase o nivel Intermedio, ante a previsión de exames a mediados de outubro. Posteriormente, a formación centrarase no nivel Iniciación, coas probas previstas para decembro.

Martes · 16:30-18:30 h

Cursos de informática básica e competencias dixitais polas mañás

A oferta complétase con 6 convocatorias especialmente orientadas á iniciación e mellora das competencias dixitais:

Formación

Datas

Horario

01 Iniciación á informática I

07 sep. 25 sep.

09:00-11:00

02 Móbiles Android para persoas maiores

07 sep. 25 sep.

11:00-13:00

03 Correo electrónico e Internet

28 set. – 13 out.

09:00-11:00

04 Informática – nivel medio

28 set. – 13 out.

11:00-13:00

05 Informática – nivel básico

19 out. 6 nov.

09:00-11:00

06 Correo electrónico e Internet

9-27 nov.

11:00-13:00

Formación gratuíta e prazas limitadas: Todas as actividades son presenciais e gratuítas e desenvolveranse na Aula CeMIT de Moaña, na Rúa María Martín, s/n (  Urbanización  O Rosal). As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición coa maior antelación posible.

As inscricións poden realizarse en cemit.xunta.gal, entrando en Formación → Formación presencial → Moaña e seleccionando a actividade desexada.

 TFO : 616 804 107 · cemit.moana@xunta.gal