PROBAS COMPETENCIAS CLAVE N2, N3. Ano 2025.

  • Formación
  • Galicia

RESUMO  PROBAS COMPETENCIAS CLAVE 2025. DOG Martes, 14 de xaneiro  2025

 A CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

A través das competencias clave faise facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 que lles permitirá progresar no mercado laboral.

COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN

  1. Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
  • Comunicación en LINGUA GALEGA.
  • Comunicación en LINGUA CASTELÁ.
  • Comunicación en LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS).
  • Competencia MATEMÁTICA.

 A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados Profesionais que teñen un módulo profesional de lingua estranxeira.

Co obxecto de facilitar a preparación desta proba, a Dirección A Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría.

As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, na seguinte ligazón: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual

EXENCIÓNS E VALIDACIÓNS ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN VER  Artigo 4.

  1. Estarán exentas de presentarse á proba da competencia de comunicación en lingua Galega aquelas persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV desta resolución.
  1. No anexo V desta resolución establécense as validacións por ter superado estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

  1. Para participar nestas probas deberá presentarse unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución.
  2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave

 

 O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. ATA o 14 de FEBREIRO 2025

REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

O lugar e o horario de realización das probas de avaliación en competencias clave publicarase na páxina web https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

A persoa candidata realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas cales se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora.

Para a realización das probas, as persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade, do número de identificación de estranxeiros ou do pasaporte. Tamén deberán levar bolígrafo de tinta de cor azul ou negra. Nas probas de competencia matemática poderase acudir con calculadora.

PROBA ADICIONAL PARA AS PERSOAS ASPIRANTES CON TODAS OU ALGUNHA COMPETENCIA CLAVE PENDENTE DE SUPERAR

Para todas a persoas participantes, inscritas e presentadas ás probas de competencias clave obxecto desta convocatoria, ás cales despois da finalización destas lles quedasen pendentes de superar todas ou algunha das competencias clave, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego levará a cabo unha proba adicional que lles permitirá superar as competencias clave pendentes.

Todas as persoas interesadas en concorrer a esta proba adicional deberán manifestalo unha vez publicados os resultados definitivos e ata o 1 de setembro, a través dun correo electrónico dirixido a acreditacionsprofesionais.emprego@xunta.gal, indicando o seu nome e apelidos e o seu documento identificativo de identidade.

O CALENDARIO DA CONVOCATORIA inclúese no anexo II desta resolución

. REALIZACIÓN DA PROBA: Previsiblemente na segunda (2ª) quincena de maio

 . ENVÍO DE CORREO ELECTRÓNICO EN QUE SE SOLICITA PARTICIPAR NA PROBA  ADICIONAL: Dende a publicación dos resultados definitivos ata o un (1) de setembro

REALIZACIÓN DA PROBA ADICIONAL : Previsiblemente na primeira (1ª) quincena de outubro

LUGAR, DÍAS E HORARIOS DAS PROBAS

Na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave publicaranse o lugar, os días e os horarios de realización das probas, así como calquera outra información de interese relacionada coa realización das probas obxecto desta convocatoria

VER DOG ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO