PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO E CICLOS SUPERIORES DE FP

  • Formación
  • Galicia

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO E CICLOS SUPERIORES DE FP (Resumo do DOG)

No Diario Oficial de Galicia (Dog) do Venres, 6 de marzo de 2026, a Consellería de Educación,Ciencia,Universidades e Formación Profesional, publica a orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) e de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2026.

INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO: Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso

. PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO (ED312C)

. Destinatarios/as: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan cumpridos dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

. Solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I,

. PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 16  ao 26 de MARZO de 2026, ambos os dous incluídos.

. Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas»(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN PROBA ACCESO CM FP 

a) Parte sociolingüística:

Lingua castelá.

Lingua galega.

Ciencias sociais.

b) Parte matemática:

Matemáticas.

c) Parte científico-técnica:

Ciencias da natureza.

Tecnoloxía.

VER Supostos de execión total ou parcial da Proba de acceso  CM FP no artigo 21 da orde publicada 

DATA DAS PROBAS de acceso aos CM FP: día 21 de MAIO de 2026

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (ED312D)

. Destinatarios/as: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan feitos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

.Solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II,

. PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES : do 16  ao 26 de MARZO de 2026, ambos os dous incluídos.

. Presentación de solcitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II(código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo Ii (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN PROBA ACCESO CS FP

a) Parte común:

Lingua galega.

Lingua castelá.

Matemáticas.

b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos que posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe que se lle examine:

Opción A: Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.

Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.

Opción C: Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.

VER Supostos de execión total ou parcial da Proba de acceso  a CS FP artigos 35 e 36 da orde publicada

DATA DAS PROBAS de acceso aos CS FP: 29 de ABRIL de 2026

MAIS INFORMACIÓN : Nos centros de FP e no DOG que se achega