PROBAS de ACCESO a CICLOS MEDIOS e CICLOS SUPERIORES de FORMACION PROFESIONAL (FP )
No DOG do Xoves, 13 de febreiro de 2025, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, publica a ORDE do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2024-2025.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos
AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO terán lugar o día 15 DE MAIO DE 2025
PROBA DE ACCESO A GRAO SUPERIOR solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II,
dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2024-2025.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR terán lugar o día 24 DE ABRIL DE 2025
Mais información no DOG que se adxunta e nos centros de Fp