CONCEDIDO O OBRADOIRO DE EMPREGO MOAÑA LABORA 2026
O pasado 10 de abril recibimos no Patronato Municipal Beiramar resolución de concesión de subvención do Obradoiro de Emprego Moaña Labora 2026 por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Neste proxecto, de 9 meses de duración, estarán contratadas 20 persoas como alumnado traballador en dúas especialidades formativas;
Todas as persoas interesadas en participar como alumnado traballador neste obradoiro de emprego poden inscribirse na oficina de emprego de Cangas
− TRABALLO FORESTAL: 10 alumnos/as traballadores/as.
. Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes AGAR0309
. Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas AGAR0208
− ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN DOMICILIOS: 10 alumnos/as traballadores/as.
. Atención sociosanitaria a persoas dependentes en domicilio SSCS0108
As OBRAS ou SERVIZOS que se van desenvolver son:
− Programa de respiro de coidadores de persoas dependentes ou discapacitadas .
− Renovación e mellora dos roteiros fluviais do Concello de Moaña.
O importe total da subvención concedida ascende a 454.552 €. O Patronato Municipal “Beiramar” asumirá os gastos non subvencionables do obradoiro de emprego.
